Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

CNT formaliza a convocatoria de folga xeral para o 8 de marzo

 

  •  A Confederación Nacional do Traballo convoca a mulleres e homes a unha folga xeral feminista de 24 horas para acabar con toda discriminación de xénero
  • O sindicato está mantendo reunións con grupos parlamentarios e patronais para negocias as propostas e reivindicación que vertebran a folga

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) presentou esta mañá no Ministerio de Emprego e Seguridade Social a convocatoria de folga xeral de 24 horas para o 8 de marzo, tal e como acordou a confederación por unanimidade no seu Pleno de Rexionais o pasado 27 de xaneiro.

O sindicato fai un chamamento a mulleres e homes para secundar a folga xeral feminista de 24 horas e esixir a patronais e Goberno:

- Eliminación da brecha salarial, tanto directa como indirecta.

Para elo, o sindicato propón: definición dos elementos determinantes do salario e complementos salariais como contenido mínimo dos convenios, establecemento de sancións ás empresas nas que existe brecha salarial, dotación de medidas procesales que permitan o exercicio de accións por discriminación indirecta entre sectores equivalentes regidos por diferentes convenios.

-Eliminación dos obstáculos no acceso e promoción no emprego (solo pegañento e teito de cristal).

Entre as medidas que contribúen a este obxectivo se atopan: establecemento de medidas obxectivas no acceso ao emprego e promoción profesional pola vía da negociación colectiva, prohibición da dispoñibilidade horaria fora da xornada laboral como requisito para a contratación, extender a preferencia por xénero infrarrepresentado como criterio obrigatorio no ámbito empresarial, campañas de oficio da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) orientadas a comprobar o cumplimento da obxectividade no acceso e promoción profesional con sancións específicas no seu incumprimento.

-Eliminación de obstáculos á conciliación da vida laboral e familiar desde o punto de vista da corresponsabilidad.

As iniciativas que CNT considera necesarias e urxentes nesta materia son: establecemento de permiso de paternidade e maternidade idénticos e intransferibles, adopción de medidas de fomento da corresponsabilidade con adopción de medidas de acción positiva orientadas aos varóns -alomenos de forma temporal-, creación de permisos por emerxencia familiar, deber das empresas de máis de 250 traballadoras/es de contar cun servicio de gardería así coma dos Concellos de máis de 5.000 habitantes a ter garderías e centros de día, derogación da Disposición Adicional 8ª do Decreto-ley 20/2012 que se refiere a que a cotización é a cargo da coidadora da persoa dependente e non do Estado.
 

-Eliminación de toda discriminación no traballo ao servizo do fogar familiar.

CNT esixe ao Goberno que ratifique o Convenio 189 da Organización Internacional do Traballo (OIT), asinado en 2011, que garantizaría os mesmos dereitos á empregada do servizo doméstico que a calquer traballadora/or. O sindicato propón a derogación da relación laboral de carácter especial e a inclusión no réxime xeral e no Estatuto dos Traballadores, así como a consideración das horas de presencia e disposición como tempo de traballo efectivo a todos os efectos.
 

CNT nestos días está mantendo reunións con grupos parlamentarios, patronais e Goberno para facerlles chegar as reivindicacións que sustentan a convocatoria de folga xeral o 8 de marzo e negociar éstas e outras iniciativas que propón o sindicato para atallar a discriminación laboral que sofren as mulleres. O Goberno central ata agora non respondeu á solicitude do sindicato para fixar un encontro.