Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

A CNT reúnese co Partido Popular

  • No seo das negociacións que esixe a lei ante a convocatoria de folga xeral, a Confederación Nacional do Traballo en Galiza reuniuse coas representantes do Partido Popular este luns no Parlamento.

 A CNT, en calidade de sindicato convocante da folga xeral de 24 horas que terá lugar o vindeiro 8 de marzo –Día da Muller–, reuniuse esta mañá con Paula Prado, conselleira e responsable da área de Igualdade no Parlamento galego.

 A reunión tivo lugar pasado o mediodía e durou apenas unha hora, na que dou tempo a atisbar as posicións enfrontadas entre o partido que ostenta o poder e a forza dos movementos sociais representados na convocatoria de folga.

 O PP refúxiaxe nos ámbitos comunista e islámico para non apoiar a folga feminista

 O Partido Popular desestimou apoiar a folga feminista en base ao manifesto alegando que «o manifesto ataca ao sistema capitalista e hai sistemas que tratan peor ás mulleres, como o islámico ou o comunista» e laiándose «da falta de propostas concretas por parte dos sindicatos» para que o goberno poda actuar.

Paula Prado, presidenta da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres no Parlamento de Galiza, admite que non leiu as reivindicacións feitas polo sindicato. Nembargantes, iso non foi impedimento para declarar que «os sindicatos so veñen con críticas e non con propostas concretas de actuación» e que «nós non estamos nas rúas para coñecer a situación das traballadoras», o que evidencia a desconexión da clase política coa clase obreira.

A CNT salienta que o cadro de propostas presentado é moi concreto e que a inactividade do goberno nesta materia responde á «falta de interese real» ligada a unha «deixadez que aproveita a patronal para ter man de obra barata, neste caso, mulleres».

En relación á reunión, resaltan fontes sindicais que «o PP non ten intención de facer nada a pesar das propostas concretas que fixemos, como dotar á Inspección de Traballo de medios para rematar coa discriminación, e esta reunión soamente foi un acto protocolario ao que viñeron a poñer unha escusa para non apoiar a folga».

En declaracións posteriores á reunión, a CNT sinala que «a folga será un éxito porque está clara a postura dos que mandan e non podemos permanecer caladas».