Prensa obreira

CNT organiza a presentación do libro colectivo "Se vende sanidad pública"

 

 

  • CNT organiza a presentación do libro "Se vende sanidad pública" en tres núcleos galegos, Allariz, Ourense e Santiago de Compostela.
  • Juan Antonio Gómez Liébana, coordinador da obra colectiva, é tamén membro da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade, fundada en 2004 para axuntar esforzos e loitar por un sistema sanitario de calidade.

Todo o que deberías saber sobre a privatización pero ninguén te quere contar.

Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto, e mesmo chegaron a percibir incentivos de 40.000 euros anuais. As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns, lembra Carlos Taibo no prólogo desta obra.

 

A transparencia deste ensaio reflíctese xa desde o seu título. Aínda que non se colgou semellante cartel en hospitais e centros de saúde, cando se fala de “xestión clínica”, "modernización”, “colaboración público-privada” ou “externalización”, entrevese que a sanidade pública está en venda; pero só aquelas partes rendibles, que poden satisfacer os intereses económicos das empresas do sector. Os autores coñecen de primeira man as cifras e estratexias da privatización e a súa repercusión, pero tamén formaron parte das loitas pola saúde. Así, este libro recolle as experiencias daqueles profesionais comprometidos que buscaron alternativas, tanto nas diferentes comunidades españolas, como en Grecia ou Francia. Van máis aló da defensa dun sistema sanitario universal e de calidade xa que non hai saúde colectiva sen a democratización real do sistema no seu conxunto e, por suposto, sen unha actuación decidida sobre os “produtores de enfermidade”.

Juan Antonio Gómez Liébana forma parte da a Coordinadora Anti Privatización da Sanidade (www.casmadrid.org) que foi constituída en 2004 por usuarios e traballadores do sistema sanitario, así como organizacións non subvencionadas (Plataforma Sindical EMT, Solidariedade Obreira, CNT Graficas, CNT Villaverde, CNT Aranxuez, Sindicato Asembleario de Sanidade). O seu obxectivo é axuntar esforzos e organizarse para loitar por un sistema sanitario de calidade, que atenda a todas as persoas sen exclusións, dotado de mecanismos de xestión democrática por parte de traballadores e poboación, e no que a actuación sobre os determinantes socioeconómicos e ambientais da enfermidade sexan prioritarios. Nestes anos, nos que en todo o Estado (goberne quen goberne) avanzaron a deterioración e a privatización das partes rendibles do sistema sanitario, compañeiros e compañeiras dos diferentes territorios fóronse incorporando á loita.

 

  • 7 de novembro, en Allariz ás 20:00.
    CNT Allariz, Camiño do Castelo 10.
  • 8 de novembro, en Ourense ás 19:00
    Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso 30.
  • 9 de novembro, en Compostela ás 19:00
    Centro Sociocultural de Santa Marta, rúa de Antonio Rama Seoane s/n.