Prensa obreira

CNT Galiza convoca á afiliación para a Asamblea Xeral

Cara a onde está camiñando CNT na Galiza? Que resultados deu a nosa acción sindical os últimos anos? A que podemos aspirar e que debemos impulsar desde o Sindicato a curto e medio prazo?

Estas preguntas e outras abordaranse na Asamblea Xeral do vindeiro 30 de setembro á que está chamada toda a afiliación da CNT Galiza.

A CNT Galiza da así voz a todas as persoas afiliadas ao sindicato para poder decidir as liñas de actuación do futuro a medio e longo prazo. Tras dous anos e medio de xestión do actual Comité sainte, celebrarase esta xornada de debate na que poder analizar os acertos e os erros da actividade do sindicato e reflexionar sobre as posibilidades que nos ofrece o modelo anarcosindicalista.