Prensa obreira

Cevichería La Sarita despide e non paga!

  • Cevichería La Sarita despide e non paga!A parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González exemplos das piores prácticas da hostalaría.
  • Reclámanse cantidades por indemnización por despido, salarios impagados, vacacións non desfrutadas, actualización do convenio, diferencias de categoría e horas extras.

CNT inicia conflito co restaurante Cevicheria La Sarita polo recente despedimento dunha traballadora afiliada a este sindicato.

O establecemento rexentado pola parella empresarial Nicolás Ferreyra e Marta González fechou as súas portas en Compostela deixando na rúa á nosa compañeira. Despido realizado falseando documentación para tratar de cumprir cos formalismos estipulados na lexislación vixente.

Amais da clara improcedencia do despedimento, CNT reclama os salarios do último mes traballado e o pago das vacacións pendentes de desfrutar que os empresarios de Cevichería La Sarita adebedan á nosa compañeira.

Reclámanse tamén as cantidades derivadas da actualización do convenio, as correspondentes ás diferencias de categoría en relación ao traballo realizado e o pago das numerosas horas extras traballadas de maneira habitual pola nosa compañeira.

Para CNT trátase "dun claro exemplo da explotación na hostelería" que "non por habitual deixa de resultar escandaloso".

Cevichería La Sarita paga o que debes!!