Prensa obreira

CNT finaliza o conflito coa academia CESFOREM

  • A academia adebedaba unha importante cantidade de cartos a unha profesora.
  • CNT volve a por de manifesto a utilidade da acción directa.

A CNT de Compostela ven de lograr unha nova victoria no plano laboral fronte a academia CESFOREM, que adebedaba unha importante cantidade a unha profesora.

Ademáis das cantidades adebedadas pola finalización do contrato, a empresa tiña contratada á afiliada nunha categoría inferior ás tarefas que realmente realizaba, un tipo de fraude moi común nas academias de formación. A empresa tampouco lle aplicaba o convenio correcto, vixente desde xaneiro do 2014.

Novamente a CNT pon de manifesto que outra forma de sindicalismo no só é posible senon necesaria. O apoio entre iguais e a solidaridade entre traballadores é o que fai que este e outros moitos conflitos rematen satisfatoriamente para a persoa traballadora.

Conta connosco, conta con CNT.