Prensa obreira

2ª Romaria da Coluna Sanfins - Lousame

  • A segunda edición da homenaxe á Coluna Sanfins decorrerá no sábado 15 de xullo.
  • «Santelices» será homenaxeado neste ano polo papel na reorganización da resistencia.

A segunda edición da Romaria da Coluna Sanfins decorrerá en Lousame no dia 15 de xullo nunha xornada de lembranza, traballo e convivio para homenaxear a Miguel Sangenís Sabater «Santelices». O acto é organizado nunha parceria con Verdegaia, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e a propia CNT.

placaO programa de actividades inclúe, de mañá, unha roga ambiental no monte veciñal e xantar popular, para os cales será preciso inscreberse enviando email para colunasanfins@gmail.com até o día 12 de xullo. Logo do xantar, á tarde, teremos o prazer de contar coa presenza de Xoán Hermida, Xerardo Agrafoxo, Xesús Santos e Joám Evans, nunha palestra intitulada «Memoria da (pós)guerra».

A figura central desta homenaxe contará coa inauguración dunha placa comemorativa de bronce, parceria entre a CNT, a SHC «Coluna Sanfins» e a CRMH da Barbanza e, para fechar a xornada, no fin da tarde un espectacular concerto ao ar libre de Barahúnda.

Esta romaria ten como antecedente a primeira homenaxe realizada no 80 aniversario, no ano pasado, que abordou o papel dos mineiros de Lousame no combate ao golpe fascista coa organización da Coluna Sanfins. Esta homenaxe contou coa instalación dun monumento comemorativo ao pé do antigo local sindical da CNT, con fondos angariados através dun crowdfunding, a publicación do libro «Breve Historia da Coluna Sanfins», destacando unha ampla participación nos actos, que incluíron unha palestra sobre memoria histórica, un roteiro libertario e concerto dos Nota Bene.

A seguir, o cartaz deste ano e o vídeo da primeira homenaxe, realizado por Axóuxere.

 

Cartaz Segunda Romaria Sanfins