Prensa obreira

CNT participa da homenaxe aos represaliados en Loenzo

  • CNT participa no acto da Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcia en homenaxe e desagravio dos catro represaliados  en 1937, tres de eles afiliados á CNT.

Josefa Pego, viúva do "Gitano" Rodrigo Alejandre, asasinado o 12 de febreiro de 1937 polas súas ideas anarquistas e que fora arroxado á rúa nun acto público de desprezo desde o balcón de Ravella nun símbolo da intolerancia franquista contra o movemento de resistencia.

Esa imaxe tece parte do acto central en desagravio que tivo lugar este domingo 2 de xullo  en Loenzo, fronte á casa de Pilar Fernández que tamén foi fusilada aquel nefasto día xunto a Antonio Sayanes e Manuel Limeres, perseguidos pola súa ideoloxía e por pertencer á CNT.

O acto comezou ao mediodía en forma de cerimonia solemne con música de Brais quen ao violín creou o ambiente que en palabras de Castro Rato "fai aflorar o sentimento" co poema "Alumeame luniña... e lévame a paseare", coa que un reo procuraba tranquilizar á súa amada. E é que ese era a mensaxe de paz que aqueles republicanos do 36 trataban de transmitir aos seus máis próximos como fixo Antonio Sayanes cando escribir a súa carta-testamento ao seu apenada muller ao presentir a súa pronta morte, tres meses despois daquel mes de novembro. E supuña ben tras moito tempo escapado polos montes Xiabre e Lobeira, como outros fuxitivos da Guerra Civil. O pelotón acudiu o 17 de febreiro porque alguén lles delatou e acudiron a Loenzo gardas de Pontevedra. Aquel día os veciños ouviron catro disparos nun episodio que durou dúas horas pola mañá.

Os catro represaliados de Loenzo son parte daquela historia que se pretende rescatar do esquecemento. Agora serán lembrados cunha placa fronte á casa que hai 80 anos queimou o pelotón que lles fusilou.