Prensa obreira

CNT gaña a partida á Xunta co teletraballo

Xunta

  • Informático da AMTEGA consegue ampliar os días de teletraballo ata o máximo establecido
  • CNT referente para o exercicio pleno dos dereitos na Xunta de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia ven de recibir un novo varapalo da xustiza tras denuncia dun dos seus empregados afiliado á CNT.  
O traballador viuse na obriga de presentar demanda en materia de dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral contra a súa resolución de teletraballo ao concederselle só 1 xornada á semana en vez dos 3 días solicitados, o que viña sendo habitual e sistemático na Amtega.

Os argumentos da Amtega para limitar os dereitos de teletraballo do solicitante eran inexistentes na resolución emitida ao traballador. Dita cirunstancia tampouco se puido acreditar no xuizo onde tan sequera apareceron os preceptivos informes que xustificaban a decisión de Amtega de restrinxir o teletraballo do seu empregado.

Desde CNT valórase "moi positivamente" a consecución plena do dereito, e de maneira especial neste caso "polos beneficios na conciliación familiar para o propio traballador" e deste xeito "dar por rematada a política de concesión dun só día de teletraballo". Desde o sindicato, anímase ao persoal da Xunta a "exercer con liberdade e de maneira plena os dereitos dispoñibles".

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
sindicato-cnt@xunta.es // galiza@cntgaliza.org
www.cntgaliza.org/?q=xunta