Prensa obreira

CNT solidarizase co CSOA Escarnio e Maldizer

  • mani Escarnio e MarldizerCondenase o desaloxo violento do centro social o pasado 30 de maio
  • CNT anima a participar na manifestación convocada para este próximo sábado 10 de xuño ás 21h na Alameda compostelana

A CNT súmase ao apoio de numerosas persoas e colectivos contra o desaloxo do compostelano Centro Social Escarnio e Maldizer que tivo lugar o pasado 30 de maio, e anima a participar na manifestación convocada para este próximo sábado 10 de xuño ás 21h na Alameda.

A central sindical condena o violento desaloxo CSOA Escarnio e Maldizer. Tras varios anos de actividade do centro social foi desaloxado constituíndo un novo exemplo de criminalización dos movementos sociais que desenvolven a súa actividade á marxe dos canais institucionais. Lamentable actuación baixo o paraugas de legalidade que tenta obviar a especulación urbanística sobre o inmoble ocupado.

Desde a CNT de Compostela expresamos a nosa solidariedade coas compañeiras e compañeiros do CSOA Escarnio e Maldizer: 1, 10, 100 centros sociais!!