Prensa obreira

O Concello de A Guarda incumpre a lexislación de prevención e seguridade

  • GES SoluciónO Concello non facilita a información e acumula incumprimentos na materia, especialmente no servizo de emerxencias
  • A resolución da Inspección de traballo deu a razón á denuncia de CNT máis o Concello continúa sen dar solucións

A Sección de CNT no Concello de A Guarda leva solicitando meses ao Concello que se comunique o plan de prevención e o análise de riscos e que cumpra co regulamentado en materia de prevención e seguridade.

Ante as constantes evasivas e negativas por parte dos responsables do Concello, a CNT presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. A resolución da Inspección de Traballo foi clara e ratificou as denuncias aportadas desde a Seccion Sindical obrigando ao Concello de A Guarda a facilitar a información en materia de prevención e seguridade, a elaborar os informes pertinentes dos que carece e a subsanar as deficiencias atopadas.

O Concello de A Guarda lonxe de cumprir cos requerimentos da Inspección de Traballo e tras novas peticións de información e de adopción de medidas realizadas pola Sección Sindical de CNT continúa coa súa teima de non querer facilitar a información relativa á aplicación da lexislación sobre prevención e seguridade no Concello.

Desde CNT sinalase que a deixadez dos responsables do Concello está motivada polas "importantes carencias e incumprimentos" en materia de prevención e seguridade, que " está apoñer en risco a toda a plantilla de traballadores e traballadoras do Concello" e que é "especialmente sangrante no caso dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) que arriscan a súa vida pola veciñanza sen contar cos medios e materiais axeitados para desenvolver correctamente o seu traballo".

Por último desde a Sección de CNT no Concello de A Guarda ínstase unha vez máis ao Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español a que “cumpra coa Lei” antes de que ocorra algunha desgracia evitable.

 

Sección Sindical CNT Concello de A Guarda

Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES).

gesaguarda.cnt@gmail.com // galiza@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda

 

Noticias relacionadas: