Prensa obreira

Nova condena ao colexio Santa Apolonia

  • Declarase nula a decisión da empresa de suprimir funcións docentes dun profesor
  • Constátase unha nova victoria da CNT sobre o colexio privado Santa Apolonia de Compostela

 

A xustiza ven de declarar a nulidade da decisión do colexio Santa Apolonia de suprimir as funcions docentes que viña desenvolvendo coma profesor o Delegado da Sección Sindical da CNT. A sentenza condena á empresa compostelana a restituír nas funcions docentes ao noso compañeiro dentro da súa xornada de traballo.

O profesor incorporouse ao inicio do curso ao seu posto de traballo docente que ven realizando desde hai 24 anos cunha reducción sinificativa da xornada tras  impoñer o colexio un novo ERTE de reducción de xornada. Seguidamente, fíxose pública a resolución da demanda presentada por CNT ante o ERTE do pasado inverno, condenando á empresa a manter a xornada completa do profesor por vulneración de dereitos fundamentais. Ante esta situación, e a imposibilidade de mantér a reducción de xornada, o colexio Santa Apolonia  decidiu establecer a xornada completa, pero cambiando as funcións do profesor, eliminando todas as súas funcións docentes e impoñendo un horario como celador do internado. As condicións deste posto facían imposible a conciliación entre a vida familiar e laboral e mantiñan ao delegado da Sección Sindical casi a totalidade da xornada nun pasillo do internado, evitando a comunicación co resto da plantilla.

Novamente demóstrase a actitude represiva do Colexio Santa Apolonia con aquelas persoas traballadoras que plantan cara ás súas lesivas condicións laborais: os ERTE de inverno e de verán declarados nulos, o non recoñecemento de vacacións, cambios nas funcións dos postos de traballo... A empresa non cesa na súa política de vulnerar todo dereito laboral e/ou fundamental do seu plantel.

A CNT seguirá loitando polos nosos dereitos, sen medo e con solidariedade, porque se nos tocan a unha, tocannos a todas.