Prensa obreira

1 de maio, sindicalismo combativo e eficaz

Primeiro de Maio

  • A convocatoria de Compostela destaca cunha ampla participación
  • Crece a vontade de tomar as rúas na reconquista de liberdades

Unha ampla participación secundou a manifestación convocada pola CNT e outras forzas sindicais e sociais no Dia da Clase Traballadora. Neste 2017, despois de anos de certo letargo e espera de solucións electorais, centos de persoas saíron ás rúas nun ambiente combativo.

A manifestación compostelana partiu da praza 8 de marzo percorrendo rúas da Zona Vella e do Ensanche para terminar na praza do Toural. No final da mobilización ouviuse a voz das organizacións convocantes, entre elas a de Martin Paradelo, actual Secretario Xeral do Comité Confederal da CNT, que arrancou os aplausos da xente cun apaixoado mitin. Un discurso en que resaltou a necesidade da loita das traballadoras, diaria e sen tregua, abocada á revolución, a toma e control dos medios de produción e a construción dunha nova sociedade sen clases e sen explotación.

En Ourense a manifestación do bloque crítico, do que CNT fai parte, saíu da Ponte Romana e percorreu as rúas do casco vello coreando consignas en favor do traballo digno e contra a corrupción política e o capitalismo. A mobilización rematou nos xardíns Padre Feijó onde tivo lugar a lectura do manifesto conxunto.

O sindicato CNT valora «positivamente a mobilización deste 1 de maio» pois, segundo asegura, «vese que a xente ten ganas de tomar a rúa á marxe do sindicalismo de concertación das grandes corporacións sindicais«, e fai fincapé «na construción desde a diversidade e a xenerosidade das organizacións convocantes dunha verdadeira alternativa sindical».

 

COMPOSTELA

1 maio 2017 compostela

 

1 maio 2017 compostela

 

OURENSE

 

1 maio 2017 ourense

 

1 maio 2017 ourense