Prensa obreira

8 de Marzo. Cada luita é unha vitoria

8 marzoFenda salarial, teito de cristal e segregación horizontal, maior dificultade de acceso á formación e ao emprego, maior precariedade laboral e desemprego, explotación doméstica, imposibilidade de conciliación, violencia normalizada, acoso cotián, invisibilización, pobreza, discriminación, infantilización, negación, maltrato, control da nosa sexualidade e os nosos dereitos reprodutivos...

Son tan numerosas, son tan variadas, son tan abrumadoras as loitas que as mulleres temos que brigar diariamente polo simple feito de sermos mulleres que pode dicirse que até a propia existencia nesta sociedade heteropatriarcal que nos explota e nos reprime é xa una vitoria. Mais para nós isto non é suficiente. Non nos chega con estar vivas, queremos vivir nunha sociedade de iguais.

As mulleres de clase obreira debemos enfrontar todos os días una dupla luita de emancipación: contra o capital, por ser obreiras; e contra o patriarcado, por ser mulleres. Comparadas cos homes, cobramos menos, traballamos en condicións máis precarias, cotizamos menos e traballamos máis horas, esíxennos máis para sermos contratadas... E ao chegar a casa debémonos facer cargo dos nosos maridos, fillos, pais e irmáns.

Esta situación mantívose historicamente mediante un sistema de control que, canto máis nos explotaba, máis submisión creaba. Pero a submisión e o medo, a cabeza agachada, xa non son actitudes das mulleres. Hoxe, desde hoxe e desde sempre, queremos estar en todas as luitas e por iso luitamos en todas as frontes.

As mulleres somos o motor da mudanza social. Cada muller que se rebela contra a opresión que sofre no seu lar é un paso gaño cara a un mundo máis humano. Cada muller que decide vivir abertamente a súa sexualidade é un paso gaño cara a un mundo máis libre. Cada muller que planta cara ao patrón no seu posto de traballo é un paso gaño cara a un mundo xusto.

Ás mulleres bórrannos do pasado e do presente, mais hoxe afirmámonos, hoxe reivindicámonos como suxeito en luita, desde xa asumimos que o medo se transformou en furia e que a nosa luita é única, central, necesaria e revolucionaria. E queremos facelo en unidade, en colectivo. A invisibilización das nosas luitas, a normalización social da explotación, a escasa disponibilidade do noso tempo, nos dificulta participar en organizacións sindicais, as cales en muitas ocasións nin sequera nos toman en conta, desprázannos ou rebaixan as nosas luitas.

Con todo, historicamente as mulleres estivemos presentes en todas as luitas sociais e de clase que tiveran lugar, en muitas ocasións en primeira fila pagando coas nosas vidas a nosa rebelión, o noso exercicio de dignidade, os nosos anseios de liberdade.

É necesario recoller a nosa heranza de luita para gañar o noso presente. Saber quen somos. Saber o que queremos ser. Facer da nosa luita un momento importante, fundamental, da historia colectiva e da luita clases. Afirmar que a Organización anarcosindicalista de que somos parte fundamental está disposta a reverter a dupla explotación que padecemos. Construírmos o noso espazo en igualdade, entre compañeiras e compañeiros dispostos a enfrontar o patriarcado, actor fundamental da nosa explotación como obreiras. Levantármonos como un grito invulnerable, como un único puño. Luita a luita, vitoria a vitoria.

Viva o oito de marzo!

Viva a luita da muller traballadora!

Fenda salarial, teito de cristal e segregación horizontal, maior dificultade de acceso á formación e ao emprego, maior precariedade laboral e desemprego, explotación doméstica, imposibilidade de conciliación, violencia normalizada, acoso cotián, invisibilización, pobreza, discriminación, infantilización, negación, maltrato, control da nosa sexualidade e os nosos dereitos reprodutivos...