Prensa obreira

CNT Informa - Febreiro 2016

CNT Informa. Febreiro de 2017.

 

O Tribunal Superior arremete contra Médicos Sin Fronteras
No pasado mes de xuño, Médicos Sin Fronteras foi condenada por discriminación a unha traballadora e un traballador do sindicato CNT pola súa conduta ao non converter en indefinidos os seus contratos pola súa orixe estranxeira.A ONG presentou recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que agora desestima a súa pretensión de ser absolta e dita unha sentenza que desmonta todos os pretextos de mala perdedora de Médicos Sin Fronteras.
Nova victoria no Colexio Santa Apolonia
O Colexio privado compostelano Santa Apolonia volve a perder o xuizo polo ERTE de verán imposto ao delegado da Sección Sindical de CNT. Declárase inxustificado o ERTE e queda demostrada a mala fe por parte da empresa e dos delegados de persoal (amarelos). O ERTE tiña como obxectivo reprimir os traballadores que defenden os seus dereitos de manera aberta e organizada.
8 de marzo. Cada luita é unha vitoria
Brecha salarial, teito de cristal e segregación horizontal, maior dificultade de acceso á formación e ao emprego, maior precariedade laboral e desemprego, explotación doméstica, imposibilidade de conciliación, violencia normalizada, acoso cotián, invisibilización, pobreza, discriminación, infantilización, negación, malos tratos, control da nosa sexualidade e os nosos dereitos reprodutivos...
Facebook Web E-Mail