Prensa obreira

ACNUR paga o que debes !

  • acnur condenadaO Comité Español do ACNUR ven de ser condenado a abonar as cantidades adebedadas a dúas captadoras de socios en Compostela, unha delas, afiliada á CNT.

A praxis desta ONG viña sendo aplicar en todo o estado o convenio coletivo da provincia de Madrid, onde ten a sede, e onde casualmente os salarios son inferiores aos de outras provincias. Ademáis, non pagaba dietas nin desplazamentos e agora, tres anos despois da demanda interposta por estas persoas, a xustiza condena a ACNUR a desembolsar e saldar a súa débeda.

Nembragantes, estes comportamentos sáenlle moi rentables á axencia da ONU, xa que por cada persoa que decide demandar vai haber cincocentas que non o fagan. Soamente a través da organización sindical e da loita será posible que o ACNUR respecte os dereitos das súas traballadoras e traballadores.

¿Traballas no ACNUR? Deberías saber que tras a fachada da solidariedade se atopa a mercantilización dos teus dereitos laborais a través do engano e da comisión de actos ilícitos.

O ACNUR é ben coñecido no sector do 'fundraising' polas súas prácticas abusivas que inclúen, ademáis de non pagar o debido, facer traballar a captadoras e captadores sen contrato, contratos temporais en fraude de lei, coaccións para firmar baixas voluntarias e, por suposto, horas traballadas e non remuneradas cando non se acadan os, por outra parte, obxectivos de rendemento abusivos.

Contra a política laboral regresiva desta ONG e outras moitas, conta connosco...Conta con CNT!!

 

esperta