Prensa obreira

CNT tumba outro ERTE no colexio Santa Apolonia

  • ERTE nulo no Coléxio Santa ApoloniaDeclarado nulo o ERTE que o Colexio Santa Apolonia levou a cabo neste verán.
  • O colexio é obrigado a pagar unha indemnización por vulneración de dereitos fundamentais e ao pago dos salarios no periodo do ERTE

 

Este pasado setembro a sección sindical de CNT no Colexío Santa Apolonia veu de conseguir a nulidade do ERTE de verán e a condena do colexio por vulneración dos dereitos fundamentais dos seus traballadores. A sección de CNT xa gañara nos xulgados o pasado setembro, a demanda polo ERTE de inverno que tamén foi declarado nulo e condenara ao Colexio por vulneración dos dereitos fundamentais dos seus traballadores.

O ERTE denunciado tiña como finalidade seguir coa presión aos afiliados da CNT que levan a cabo as reivindicacións dos séus dereitos , materializados nás sucesivas demandas contra a empresa.  É coñecida a actitude destes patróns, que levan a cabo unha continua política de represión para silenciar as demandas dos traballadores e traballadoras e impedir que exerzan os seu dereitos laborais.

A traves de fraudes continuos nos ERTEs, coa participación activa e fraudulenta dos delegados de persoal (amarelos),  intentan presionar á plantilla asfixiandoos económicamente ou reprimindoos directamente. A declaración do ERTE, como fraudulento e nulo, supón a devolución dos salarios impagados no periodo do ERTE, e a vulneración de dereitos por parte do grupo de empresas e dos delegados de persoal supón unha cuantiosa indemnización polos danos ocasionados .

A CNT seguirá loitando ata conseguir os dereitos que corresponden á plantilla, plenamente e sen medo, segundo fontes da sección sindical "facemos un chamamento a todos os traballadores para que perdan o medo a política de terror por parte da empresa e se sumen á loita polos séus dereitos e dignidade".