Prensa obreira

A Xunta rectifica as limitacións impostas na flexibilidade dun traballador

  • AMTEGA. Xunta GaliciaO traballador demandou a resolución da flexibilidade por conciliación familiar que lle foi comunicada o pasado setembro
  • Antes do xuízo a Xunta emite nova resolución onde amplía o horario de referencia e elimina o horario diario de presenza obrigatoria

O traballador informático da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) da Xunta de Galicia reclamou nos xulgados a resolución de flexibilidade por conciliación familiar que lle fora comunicada o pasado setembro. Nesta resolución a Xunta de Galicia limitaba o dereito á flexibilidade horaria por conciliación familiar do noso compañeiro Por un lado, restrinxía o marco horario de referencia ao horario de mañá e por outro, impedía o acúmulo de xornadas establecendo un horario diario de presenza obrigatoria.

Tras seren realizadas sucesivas peticións de rectificación ao servizo de persoal que non foron atendidas, presentase en tempo e forma a correspondente denuncia elaborada polos servizos xurídicos de CNT.

Tras a reclamación xudicial, e sen necesidade de chegar ao acto do xuizo, a Xunta de Galicia emite unha nova resolución de flexibilidade nos termos reclamados, establecendo un marco horario de referencia de 7:45 a 20h. de luns a venres, e eliminando a presenza diaria obrigatoria.

Desde CNT valórase esta solución estraxudicial como "o máis sensato" pois de chegar a xuizo poderíase estar ante un "acto de temeridade" por parte da Xunta de Galicia, toda vez que as pretensións do traballador están recollidas na lexislación vixente en materia de conciliación familiar.

Así, respecto do marco horario de referencia a lexislación establece que será "o máis amplo posible", sendo asimilable ao horario de apertura do centro de traballo. Este horario de referencia amplo será independente da duración da xornada de traballo do traballador/a.

No relativo ao horario diario de presenza obrigatoria recollido nas Instrucións relativas ao desenvolvemento da Orde do 20 de decembro de 2013 sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas da Xunta de Galicia, CNT indica que "carece de sustento legal ao non estar recollido na propia Orde que desenvolve".
Para maior abundamento indícase nas Instrucións o caracter excepcional do horario diario de presenza obrigatoria sendo a súa aplicación "por necesidades do servizo, as cales deberán estar claramente identificadas, motivadas e xustificadas" e realizarse "de acordo co traballador ou traballadora tras a valoración das súas circunstancias persoais".

Segundo denuncia CNT "unha ampla porcentaxe" dos empregados e empregadas públicas ten limitado o seu dereito á flexibilidade por conciliación familiar pola "aplicación sistemática de medidas excepcionais de dubidosa base legal". É por isto, que CNT insta ao resto de empregados/as públicos a "organizarse e esixir á Xunta a rectificación daquelas resolucións que limiten o dereito de conciliación familiar".

Xunt@s somos máis fortes!
Conta con CNT!