Prensa obreira

Asemblea aberta de figuración, actores e actrices

26/11/2016 11:30

Asemblea aberta de figuración, actores e actrices  Sábado 26 de novembro de 2016. CNT-Compostela

  • A CNT convoca o vindeiro sábado 26 de novembro en Compostela a primeira asemblea aberta de figuración, actores e actrices en Galicia.

Do mesmo xeito que xa se fixo noutros puntos do estado animámos a figurantes, actores e actrices galegos a asistir á asemblea aberta na que profesionales do sector explicaremos por que estamos en CNT, como funciona o noso sindicato e que estamos a facer especificamente no sector do audiovisual.

As dúbidas son habituais na nosa profesión, tan mal regulada e este será un bo espazo onde poderedes facer todas esas preguntas que tedes sobre os vosos dereitos.

Agora toca xuntar esforzos, coordinarse e comezar a crear vínculos fortes. Que esta unión sirva para demostrar a forza do noso movemento e a firmeza dos nosos obxectivos. Imos traballar para que a voz de todas resoe como unha soa. Hai quen non se cansa de dicir que non imos conseguir unirnos pero as nosas compañeiras e compañeiros saben quen somos, saben que estamos con eles nas rodaxes de xeito conxunto e saben que se hai alguén interesado en mellorar a situación do sector somos as persoas que traballamos nel. E a mellor proba de que a nosa unión é posible é esta asemblea. Só organizándonos nós mesmos poderemos defender o noso traballo e a dignidade da nosa profesión. Basta de xa de soportar abusos día tras día.

Porque CNT funciona... Conta con CNT!

Cando: Sábado 26 de novembro de 2016.

Sesión doble (sendo recomendable acudir ás dúas):

  • 11:30h. Convenio Figuración en Audiovisual.
  • 17:30h. Convenio Actores/Actrices en Audivisual e Teatro.


Onde: Sede CNT-Compostela. R/ García Prieto, 24-28-15706 Compostela. (Ver en Google-Maps).

Esperamosvos a tod@s na asemblea.

Máis información: http://graficasmadrid.cnt.es/figuracion/