Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras suspende unha proxección polas reivindicacións da CNT

 

  • A pasada tarde do día 14 de novembro, a CNT voltou a visibilizar os varios conflitos laborais aos que fai fronte a sección sindical en Médicos Sin Fronteras. 

  • "Médicos Sin Fronteras, empresa que utiliza as medidas de denuncia pública e de presión social para acadar os seus obxectivos, debería saber que o único camiño son o tesón e a loita e que, ainda que non contemos coa súa capacidade mediática nin o resto dos seus recursos de multinacional, non nos imos rendir ata que se faga xustiza"

A multinacional da solidaride sumouse ao evento cinéfilo compostelán por antonomasia, Cineuropa, ca proxección do documental "Affliction" e participando nun debate posterior coa presenza de Miriam Alía, enfermeira expatriada con Médicos Sin Fronteras, Belén Regueira, xornalista, e Maria Diaz, Delegada de comunicación de Médicos Sin Fronteras en Galicia. A CNT denunciou novamente a represión sindical, a discriminación por nacionalidade, os despedimentos masivos como consecuencia da represión e a carencia de dereitos e medios do plantel de captación de socias/os. Repartíronse panfletos informativos entre o público. 

Quedou patente en todo momento  o desprezo polos dereitos laborais por parte da Delegada de comunciación, que sendo a responsable da oficina compostelana, dicía non ser ninguén para poñerse en contacto co departamento de RRHH e trasladar as denuncias da sección sindical co fin de buscar un entendemento. Tratou de menosprezar diante do público a acción sindical lexítima chegando a haber momentos de tensión, incluida algunha ameaza. O nerviosismo que provocou a esta responsable de Médicos Sin Fronteras que se desen a coñecer as miserables condicións nas que se atopan centos de traballadores e traballadoras en todo o estado debeulle de facer perder a memoria e negar denuncias, xa que olvidou decir que hai sentenzas que condean a organización  por motivos tan graves como a discriminación por nacionalidade sufrida por dúas compañeiras deste sindicato.

Dende que a sección sindical, tras varios intentos fallidos de negociación ca cúpula de RRHH, deu a coñecer as abusivas condicións laborais así como as casos de discriminación por motivo de nacionalidade a unha compañeira e un compañeiro de este sindicato, Médicos Sin Fronteras aumentou o número de eventos coma este co que pretende lavar a súa imaxe pública desviando a atención da denuncia das súas políticas laborais. Centrando o seu discurso en "aquí venimos a hablar de derechos humanos" olvídanse de que o dereito a un traballo digno tamén está recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Dende a sección sindical recordan que "en cada evento que faga Médicos Sin Fronteras nós estaremos alí denunciando o abuso patronal por parte de unha ONG abandeirada dos dereitos humanos que trata ao plantel como se fose de usar e tirar. Informaremos de cada maniobra torticeira, de cada céntimo gastado por parte das e dos responsables de RRHH en viaxes a Compostela co séquito de avogados para aplazar xuizos que saben perdidos. Por moitos cartos cos que nos queiran comprar, a nosa dignidade non ten prezo. Médicos Sin Fronteras, empresa que utiliza as medidas de denuncia pública e de presión social para acadar os seus obxectivos, debería saber que o único camiño son o tesón e a loita e que, ainda que non contemos coa súa capacidade mediática nin o resto dos seus recursos de multinacional, non nos imos rendir ata que se faga xustiza". 

Finalmente, ante o despliegue da faixa e os gritos de readmisión, Médicos Sin Fronteras decidiu suspender o acto.

 

CONTRA A SÚA PRECARIEDADE

A NOSA SOLIDARIEDADE