Prensa obreira

Comezaron as accións directas no conflito con "Frutas y Verduras".

concentracionHoxe venres 04/11/2016 compas do sindicato de oficios varios de Ferrol concentrámonos diante do local de Frutas y Verduras no centro comercial de Narón, en solidariedade coa traballadora despedida tras 4 anos traballando en turno de 5 horas, estando contratada por 3.

Pola disposición da tenda, dentro dun centro comercial, entramos nun primeiro momento na tenda, para informar da nosa presencia á empregada da froitería, a quen informanos do motivo da nosa acción e lle dimos un dos cento cincuenta panfletos que repartimos entre clientes e persoal das tendas do centro.

Informamos á honrada clientela da estafa da que estaban sendo vítimas, xa que do prezo das froitas que mercan nese estabelecemento o empresario "guinda" os cartos que corresponderían á cotización á Seguridade Social das traballadoras, ao tempo que son igualmente vítimas do fraude que este e outros empresarios defraudadores fan á xa maltrecha Seguridade Social, así como da vulneración de dereitos perpetrada sobre a nosa compañeira.

A concentración transcorreu con total normalidade, coreando consignas de apoio á compañeira despedida e de condea aos abusos empresarias. Seica o improvisado coro molestaba nas outras tendas, polo que veu a xerente do centro comercial a falar con nós. Tras explicarlle que os dereitos laborais dos que gozan tanto ela como a clientela do centro, a protesta proseguiu do mesmo xeito ata a hora prevista.

E así seguirán as concentracións, ata que a empresa pague o que debe á compañeira e asuma que os abusos empresariais non teñen nada que facer fronte á clase obreira organizada.

Conta nós, conta con CNT.

panfleto