Prensa obreira

Celébrase o xuízo por conflito colectivo contra Médicos Sin Fronteras

  • O pasado xoves 3 de Novembro celebrouse o xuizo polo conflito colectivo interposto contra Médicos Sin Fronteras no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 
  • A pesares dun novo intento á desesperada, Médicos Sin Fronteras non conseguiu adialo novamente.

Dende que se interpuxo o conflicto colectivo, Médicos Sin Fronteras adiou o xuizo ata en catro ocasións non aportando as probas requeridas xudicialmente. Desta vez, aínda cando non entregou toda a proba solicitada, non conseguiron a suspensión do xuizo. Dende a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras condenamos, primeiro, a falta de interese de Médicos Sin Fronteras por solucionar este conflicto fora dos xulgados, simulando negociacións para evitar a acción directa sindical e, segundo, todas as trabas e suspensións que o único que fixeron foi retrasar o inevitable e contribuir ao saturamento dos órganos xudiciais. 

 

O conflicto colectivo promovido pola CNT, ao que meses despois se aderiu CCOO, ven dado pola imposición unilateral dunha cláusula de rendemento abusiva en todos os contratos do plantel de captación de socios e socias. Esta cláusula de rendemento marca uns obxetivos en canto ao número de persoas e cartos recaudados que a persoa traballadora ten que asociar cada semana. A non consecución destes obxetivos conlevan amonestacións disciplinarias que rematan cun despido gratuito e sen preaviso das traballadoras e dos traballadores. 

Entre o ano 2014 e 2015 Médicos Sin Fronteras despediu a máis de 200 persoas só en Galicia. Dende que fai un ano comezou a acción sindical por parte da CNT e se interpuxo o conflicto colectivo os únicos traballadores e traballadoras cesados foron en periodo de proba (15, gratis) e as sindicalistas represaliadas (6) as que tentan mercar con suculentas indemnizacións. 

 

CONTRA A SÚA PRECARIEDADE,
A NOSA SOLIDARIEDADE.

Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras.