Prensa obreira

Sanfins homenaxea a Coluna da liberdade

Homenaxe á Coluna SanfinsNo pasado domingo, día 30 de outubro, Sanfins recebeu a merecida homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto con Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins», organizaba para resgatar este feito histórico de resistencia ao golpe militar fascista de 1936.

A xornada comezou cunha palestra no antigo local sindical da CNT en que participaron Xerardo Agrafoxo, Pepe Sendón, Joám Evans Pim, Lorena Cuevas e Eliseo Fernández que ofreceron ás e aos asistentes unha imaxe xeral do que foi a Coluna Sanfins, a súa repercusión e importancia no contexto galego da organización obreira do sindicato mineiro.

Homenaxe á Coluna SanfinsDestacaron personalidades recoñecidas pola súa importancia no movimento obreiro, como Henrique Fernández, Claro Sendón ou Ramón Varela «Curuxás» así como toda unha rede anónima de solidariedade que permitiu no rural galego, non só a existencia de resistencia durante décadas, mais tamén de accións ofensivas contra determinados obxectivos do rexime fascista. Tamén tivo especial destaque o papel das mineiras no proceso de usurpación de terreno comunal do viciños por parte do estado e das empresas, chegando até aos nosos días.

Lorena Cuevas e Eliseo Fernández apresentaron o libro «Breve historia da Coluna Sanfins» editado pola CNT Galiza e a campaña de crowdfunding para o financiamento do monumento popular Homenaxe á Coluna Sanfinsen memoria das persoas que non dubidaron en organizarse e saír ao combate corpo a corpo contra o fascismo e pola liberdade.

Xa no exterior, ao pé do antigo local sindical da CNT, tivo lugar o descubrimento do monumento dedicado aos integrantes da Coluna, cunhas breves palabras de compañeiros da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (lugar onde combateron con tropas regulares) e da Barbança, da representante do Concello que facilitou o espazo para a instalación do monumento e do grupo de MH da CNT Galiza, que enfacitou o exemplo de organización dos mineiros de hai 80 anos.

Homenaxe á Coluna SanfinsO acto continuou coa participación musical do grupo Nota Bene, de Redondela, que ofreceu aos e ás asistentes un variado repertorio para dar paso á romaria no Chan das Minas.

Para finalizar a xornada, o roteiro libertario guiado por Joám Evans mostrou aos e ás participantes os lugares máis importantes do contexto mineiro e sindical, que de literario podería ter só o carácter «épico» da loita, da solidariedade e da resistencia.

O grupo de Memoria Histórica da CNT Galiza, xunto coa SHC Coluna Sanfins, pretende, organizou esta homenaxe no oitenta aniversario dos feitos e pretende que esta cita sexa de carácter anual.

 

Homenaxe á Coluna Sanfins