Prensa obreira

CNT recibe a Médicos Sin Fronteras nos Xulgados cunha nova concentración

 

O pasado 26 de outubro a CNT volveuse a concentrar ás portas dos Xulgados do Social de Compostela para esixir a Médicos Sin Fronteras a readmisión do noso compañeiro despedido en A Coruña.

O noso compañeiro levaba traballando para a ONG dende o ano 2014 en captación de fondos a pé de rúa e o pasado mes de abril decidiu unirse á Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras para loitar polos seus dereitos como traballador e denunciar as políticas laborais escravizantes, discriminatorias e de represión da susodita organización. Esta situación non gustou a Médicos Sin Fronteras, que decidiu despedilo dous meses despois con motivos que non se sostían entón e non se sostiveron no xuízo, no que todas as testemuñas se contradiciron e mesmo deixaron patente a súa parcialidade con frases coma "eu quero que este xuízo saia a favor de Médicos Sin Fronteras".

Durante a concentración, malia a temprana hora do xuízo, repartíronse centos de cuartillas explicando como Médicos Sin Fronteras explota, acosa e despide a aqueles que se unen para loitar con máis forza.

 

 

Médicos Sen Fronteiras ven de despedir a seis persoas traballadoras do centro de traballo de Santiago de Compostela nos últimos meses. A razón: a súa afiliación e acción sindical baixo as siglas da CNT.

Médicos Sen Fronteiras non soamente celebra contratos fraudulentos e precarios, senón que tamén despide irregularmente.

Máis de 200 traballadores e traballadoras foron despedidos por Médicos Sen Fronteiras en dous anos en Galicia. Os contratos do plantel de captación de persoas socias inclúen unha cláusula de rendemento de extrema dificultade e case imposible cumprimento. Máis do 90% do plantel non acada os obxectivos fixados, o cal implica amonestacións disciplinarias que terminan nun despedimento por incumprimento do contrato.

Este despedimento “solidario” conleva a perda total dos dereitos xa que non existe nin  preaviso legal nin indemnización por moito tempo que leves traballando cun contrato “indefinido”.

A esta multinacional da solidariedade tampouco lle tembla a man á hora de mentir co fin de levar a cabo un despedimento disciplinario. Acusou a un compañeiro deste sindicato de desobediencia e de crear mal ambiente de traballo, cando en palabras das súas responsables era “un referente e un exemplo para o equipo”. Para Médicos Sen Fronteiras, deixou de selo no momento no que se afiliou á CNT e denunciou as políticas sectarias, de represión e discriminatorias desta empresa.

Outras cinco persoas deste sindicato foron despedidas a mediados de outubro, esta vez cunha indemnización que pretende mercar o seu silencio. En toda a historia da captación de socias e socios en Médicos Sen Fronteiras, esta é a primeira vez que a empresa paga por un despedimento sen que o dictamine un xulgado.

A política laboral de Médicos Sen Fronteiras non se diferencia en nada de calquera outra gran empresa: tamén coacciona aos traballadores e traballadoras cando as despide para que firmen o finiquito e renuncien a reclamacións posteriores a cambio dos “papeis do paro”.

CONTRA A SÚA PRECARIEDADE, A NOSA SOLIDARIEDADE.