Prensa obreira

Comeza a campaña de crowdunfing para Coluna Sanfins

Homenaxe á Coluna SanfinsA CNT vén de lanzar a campaña de crowdfunding para o financiamento do monumento popular dedicado á Coluna Sanfins.

Este monumento fai parte da homenaxe que o grupo de Memoria Histórica da CNT, xunto coa Sociedade Histórica e Cultural «Coluna Sanfins» de Lousame, organiza o próximo domingo, día 30 de outubro nas minas de Sanfins.

No contexto das XXIV Jornadas Libertárias de Compostela, no próximo domingo realizaranse unha serie de actos que inclúen unha palestra con historiadores sobre o feito histórico de resistencia ao golpe fascista e combate pola liberdade, apresentación do libro «Breve historia da Coluna Sanfins» editado pola CNT, participacion musical de Nota Bene, romaria e roteiro libertário polas minas de Sanfins.

Para sufragar o monumento popular foi posto á disposición das persoas que quixeren colaborar unha campaña de crowdfunding en Goteo.org e disponibilizou-se unha web propia con toda a información.

A Coluna Sanfins foi formada por volta de 200 mineiros de Lousame que, en 1936, se organizaron para facer frente aos militares golpistas. Formaron unha coluna con autobuses e camións que blindaran e cargaran de explosivos procedentes da mina e partiran para a Coruña, xuntando xente a medida que paraban por Noia, Compostela e Ordes. Os mineiros combatentes e os viciños e viciñas de Lousame solidarios foran vítimas dunha brutal represión nos meses posteriores. Moitos deles integraran o Batallón Celta ou o Galicia ou exiláranse. Esta é a historia de dignidade descoñecida por moitos que queremos recuperar, porque na Galiza si houbo resistencia ao golpe fascista.