Prensa obreira

Nova concentración da CNT contra Médicos Sin Fronteras en Compostela

  • Médicos Sin Fronteras despediu a cinco persoas, todas afiliadas deste sindicato o pasado xoves.
  • Continuan as medidas de represión sindical na devandita oenegué.
  • Fontes sindicais indican que ninguna acción atentatoria contra os dereitos da clase traballadora ficará sen resposta.

 

A CNT volveu a concentrarse nas rúas compostelanas contra a situación de abuso laboral e de precariedade á que é sometido o plantel de captación de fondos da organización. Desta volta, informamos á cidadanía dunha nova mostra de represión sindical tralo despedimento de cinco afiliadas á CNT o pasado xoves 13 de outubro.

A Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras leva máis dun ano loitando contra unha cláusula de productividade abusiva, esperando por un xuízo que MSF se esforza en adiar unha e outra vez porque sabe que o ten perdido. Ademáis, dúas das persoas despedidas demandaron a Médicos Sin Fronteras por discriminación por motivo de nacionalidade, logrando que a ONG fose condenada por este motivo fai escasos meses.

Máis se cabe, a acción sindical das nosas compañeiras e compañeiros foi sempre unha pedra no zapato das responsables da organización, que acumula máis de cincuenta demandas nos xulgados.

 

Médicos Sen Fronteiras contrata precariamente a persoas para que capten socias e socios nas rúas do estado. Isto faino de dúas maneiras diferentes: nalgunhas rexións contrata directamente, noutras subcontra a captación de fondos a forzas de venta que teñen aínda menos escrúpulos que a propia ONG.

  • Nos casos contratados internamente, baixo un aparente contrato indefinido e un salario decente, atópanse a precarización total e torticeira do ámbito laboral. Cada persoa contratada firma unha cláusula abusiva pola que ten que render 6 socios cada semana de 10€ de cuota mensual. Se non acada os obxectivos, a ONG realiza un despedimento por falta de disciplina, sen indemnización, sen o preaviso legal e sen ningún tipo de dereito. Despido libre e gratuíto, o soño de todas as multinacionais.

 

  • Se levas a cabo calquera reclamación ou pos en dúbida calquera ámbito sobre como se están a facer as cousas, castígante poñéndote a traballar en lugares de pouco tránsito para que non acades os obxectivos e despedirte. En Médicos Sen Fronteiras non queren a ninguén con sentido crítico.

 

  • Se te mandan a traballar noutro concello, tes que desplazarte fora do teu horario laboral e, por suposto, non abonan o tempo extra.

 

  • Cando os demandas nos xulgados, tratan de mercar a túa dignidade con cartos en vez de arranxar o problema que dou lugar á demanda.

 

  • Se tes a sorte de conseguir que outras persoas compartan o teu sentido crítico e vexan as inxustizas a pesar da alienación sectaria desta empresa, Médicos Sen Fronteiras xa se encargará de difamar e mentir descaradamente para tratar de poñer ás compañeiras e compañeiros na túa contra.

 

  • Trampean as nóminas da plantilla para tratar de evitar a legalidade vixente e soamente a través de demandas e xuízos se restitúen as condicións legais.

 

  • Se tes un xustificante médico porque enfermas e non podes acudir ao traballo, non che pagan e non o farán ata que o dicte un xulgado.

 

  • Cando non te rendes a pesar de todo o acoso, cando non logran despedirte nin que dimitas, xa se inventarán calquera cousa para despedirte: por exemplo, que perdeches cinco segundos de traballo mirando a hora no teléfono.

 

  • Presumen de ser empleadores responsables e sen embargo, despediron a máis de 200 persoas en Galicia nos últimos anos.

 

  • Para a precarización dos postos de traballo poñen como escusa que fan falta os cartos para cousas moi importantes, pero nembragantes malgastan cartos en vir a dar un paseo por Compostela co séquito de avogados de Deloitte co único obxecto de retrasar os máis de 50 procesos xudiciais abertos actualmente.

 

  • Se te organizas sindicalmente para reclamar os teus dereitos, acósante para que dimitas ou tomes unha excedencia voluntaria da que nunca te van a permitir reincorporarte.

 

CONTRA A SÚA PRECARIEDADE,

A NOSA SOLIDARIEDADE.

 


Médicos Sen Fronteiras contrata precariamente a persoas para que capten socias e socios nas rúas do estado. Isto faino de dúas maneiras diferentes: nalgunhas rexións contrata directamente, noutras subcontra a captación de fondos a forzas de venta que teñen aínda menos escrúpulos que a propia ONG.

Sabías que se eres extracomunitario os teus dereitos como persoa traballadora nesta organización vense aínda máis mermados? Médicos Sen Fronteiras foi condenada por discriminación por motivo de nacionalidade recentemente nos xulgados composteláns.

-Nos casos contratados internamente, baixo un aparente contrato indefinido e un salario decente, atópanse a precarización total e torticeira do ámbito laboral. Cada persoa contratada firma unha cláusula abusiva pola que ten que render 6 socios cada semana de 10€ de cuota mensual. Se non acada os obxectivos, a ONG realiza un despedimento por falta de disciplina, sen indemnización, sen o preaviso legal e sen ningún tipo de dereito. Despido libre e gratuíto, o soño de todas as multinacionais.

 

-Se levas a cabo calquera reclamación ou pos en dúbida calquera ámbito sobre como se están a facer as cousas, castígante poñéndote a traballar en lugares de pouco tránsito para que non acades os obxectivos e despedirte. En Médicos Sen Fronteiras non queren a ninguén con sentido crítico.

 

-Se te mandan a traballar noutro concello, tes que desplazarte fora do teu horario laboral e, por suposto, non abonan o tempo extra.

 

-Cando os demandas nos xulgados, tratan de mercar a túa dignidade con cartos en vez de arranxar o problema que dou lugar á demanda.

 

-Se tes a sorte de conseguir que outras persoas compartan o teu sentido crítico e vexan as inxustizas a pesar da alienación sectaria desta empresa, Médicos Sen Fronteiras xa se encargará de difamar e mentir descaradamente para tratar de poñer ás compañeiras e compañeiros na túa contra.

 

 

 

 

 

 

 

 

-Trampean as nóminas da plantilla para tratar de evitar a legalidade vixente e soamente a través de demandas e xuízos se restitúen as condicións legais.

 

-Se tes un xustificante médico porque enfermas e non podes acudir ao traballo, non che pagan e non o farán ata que o dicte un xulgado.

 

-Cando non te rendes a pesar de todo o acoso, cando non logran despedirte nin que dimitas, xa se inventarán calquera cousa para despedirte: por exemplo, que perdeches cinco segundos de traballo mirando a hora no teléfono.

 

-Presumen de ser empleadores responsables e sen embargo, despediron a máis de 200 persoas en Galicia nos últimos anos.

 

-Para a precarización dos postos de traballo poñen como escusa que fan falta os cartos para cousas moi importantes, pero nembragantes malgastan cartos en vir a dar un paseo por Compostela co séquito de avogados de Deloitte co único obxecto de retrasar os máis de 50 procesos xudiciais abertos actualmente.

 

-Se te organizas sindicalmente para reclamar os teus dereitos, acósante para que dimitas ou tomes unha excedencia voluntaria da que nunca te van a permitir reincorporarte.