Prensa obreira

Santa Apolonia condenado por vulneración de dereitos fundamentais

  • Santa Apoonia ERTE nuloUn profesor leva 24 anos contratado como celador
  • O Santa Apolonia ten como práctica aplicar ERTEs ao longo do ano
  • Os empresarios tentan asfixiar traballadores que reclaman os seus dereitos

O Xulgado do Social de Santiago vén de emitir sentenza que declara nulo o ERTE de inverno do Colexio Santa Apolonia e condena a empresa por vulneración dos dereitos fundamentais.

O Colexio Santa Apolonia, patróns e comité de empresa (amarelo) levan a cabo unha campaña de represión contra o delegado da CNT na empresa. A organización anarcosindicalista demandou o Santa Apolonia porque non recoñece a categoría laboral de profesor ao delegado da sección sindical que ven realizando tarefas como profesor desde que entrou na empresa no ano 1992, figurando a súa categoría e salarios como celador-vixiante.

Como consecuencia da demanda, a empresa xunto co comité levaron a cabo unha serie de ERTEs tentando presionar o delegado do sindicato CNT e asfixialo economicamente.

Segundo fontes sindicais, esta vitoria «é froito do traballo da CNT e a solidariedade dos compañeiros e compañeiras». Da mesma forma, salientan que «a declaración da vulneración de dereitos polo que estaban demandados os patróns e o comité de empresa e a nulidade do ERTE supoñen o recoñecemento e o valor da nosa forma de facer sindicalismo».