Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras recúa entre ziguezagues

  • MSF recúa e rectifica a súa actitude discrimatoria
  • A ONG continúa nas súas prácticas intimidatorias a quen exixe os seus dereitos
  • A Sección Sindical da CNT anuncia máis accións sindicais

MSF discrimina

A seguir reproduzimos o comunicado da Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras:

No medio da conflictividade creada a partir da demanda por discriminación presentada pola CNT contra Médicos Sin Fronteras no pasado mes de marzo, as nosas afiliadas solicitaron á ONG que se lles modificase o seu permiso de residencia, xa que cumprían os requisitos legais, e o novo permiso de residencia lles favorecería na súa vida persoal e académica.

Médicos Sin Fronteras, nun primeiro momento, nin se negou nin se comprometeu a nada: únicamente silencio e vacío, coma se a petición xamáis existise, a pesar dos múltiples correos enviados. O que aconteceu despois aínda é historia recente: Médicos Sin Fronteras converteuse nunha ONG condenada por discriminación por razón de nacionalidade e tivo que converter os contratos da nosa compañeira e o noso compañeiro en indefinidos. Nese intre comeza un novo calvario para as persoas demandantes.

Nun amago de buenismo, e co obxecto de frear as posibles consecuencias mediáticas que a condena lle podería supoñer á ONG, Médicos Sin Fronteras chama á nosa compañeira e compañeiro para indicarlles como se vai a levar a cabo a modificación do seu contrato e comprometéndose a xestionar a súa petición de modificación de residencia. Parecía que todo volvía ao cauce amistoso, pero esta manobra iba encamiñada a frear a crecente acción sindical e de denuncia levada a cabo pola Sección Sindical da CNT: Médicos Sin Fronteras actuaría con mala fe manifesta durante as seguintes semanas. Sabendo que os plazos temporais da nosa compañeira e o noso compañeiro estaban a piques de vencer, trataron por todos os medios de dilatar un trámite que se pode levar a cabo nun día.

Médicos Sin Fronteras mandou solicitar citas en Estranxeiría ás que non acudiu, logo dixo que lle faltaban certos documentos irrelevantes para a modificación, incluso tratou de levar a cabo o trámite na oficina de Barcelona a sabendas de que o tiña que facer na de A Coruña, onde residen a nosa compañeira e compañeiro. Todo isto, a pesar de que a nosa compañeira xa os asesorara e lles explicara detenidamente cómo facelo todo en regla.

Ante as continuas largas e silencios de Médicos Sin Fronteras, a Sección Sindical da CNT decide interpoñer unha nova demanda por discriminación e vulneración de dereitos fundamentais, ante a que a ONG recúa e rectifica a súa actitude. Esta é a forma de traballar dunha entidade que se dí humanitaria: tratar de acosar ao seu plantel e perxudicar a todas aquelas persoas que defenden os seus dereitos ata que non lle queda máis remedio que facer as cousas ben, castigar a aquelas persoas que interpoñen demandas para tratar de queimalas e amedrentar ao resto do plantel. Nembragantes, cando non lle queda outra, aparecen todos os papeis necesarios nalgún caixón, hai tempo para as citas con Estranxeiría e todo se soluciona sen nengún problema nin dilación.

Ante os abusos patronais de Médicos Sin Fronteras a única solución é a acción directa e xudicial xa que ata a máis mínima petición sempre cae en saco roto e non teñen interese algún en respetar os dereitos e benestar das personas traballadoras.

A Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras non deixará de denunciar as prácticas laborais deplorables as que son sometidos a totalidade do plantel.

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com   //  compostela@cntgaliza.org

www.cntgaliza.org/?q=msf

--