Prensa obreira

Admitese a obxección para non estar nunha mesa electoral

  • Xunta electoral de O Barco admite a obxección de conciencia "por estar debidamente xustificada" como eximente para non estar na mesa electoral

non votes
Tras tocarlle prestar servizo nunha mesa electoral como suplente do primeiro vogal para as vindeiras eleccións galegas do 25 de setembro, Amparo P.D. redactou un comunicado expoñendo os motivos que lle levan a pedir a revogación do seu nomeamento. No seu comunicado alega o seguinte:

"Decidín non participar deste sistema, nin votando nin como cargo nunha mesa electoral: a miña conciencia e os meus ideais impídenmo. Podería enumerar os motivos que me levan a obrar deste xeito e a lista sería moi longa: a desviación de diñeiro supostamente público a fins privados, a desigualdade social, as inxentes cantidades de euros destinados á represión e a morte... Se aínda así considerase que vivimos nun sistema digno con imperfeccións subsanables, non dubidaría en participar nel e achegar o meu graniño de area en melloralo, pero non é este o caso. A corrupción do sistema non afecta os seus accidentes, senón ao seu mesma esencia; é dicir, é intrínseca a el.

Son unha persoa partidaria da democracia e, por tanto, da política que facemos entre iguais. E os meus iguais son todos os seres humanos. Por iso, non podo deixar de estar en desacordo co actual sistema político e electoral, non podo deixar de ver aos políticos profesionais como usurpadores da soberanía popular e non podo deixar de pensar que en democracia unha persoa non renuncia a decidir sobre os asuntos que lle afectan porque deposite un voto cada catro anos. Se a isto sumamos que moitas das persoas que forman parte do poderoso tándem estado-capital e que, por tanto, teñen poder de decisión sobre o resto, nin sequera concorren ás eleccións, non podo facer outra cousa que non visitar ningunha mesa electoral, nin para votar nin para formar parte dela.

Fronte ás eleccións promovidas polo estado, propoño a autogestión e o asamblearismo, a toma de decisións por consenso que promove a reflexión en común e o mutuo esclarecemento sen o que non pode existir a democracia. Soamente así poderemos facer fronte ao desinterese e a apatía polo público que caracteriza a un sistema que coacciona á xente para que forme parte das súas mesas electorais.

Por último, quixera aclarar brevemente algunhas cousas. Non pretendo buscar trampas e trucos que me eximan de acatar esta orde; por suposto, tampouco teño a intención de causar ningún trastorno a quen decida votar. É un simple acto de denuncia dunha situación inxusta e, como tal, anda polo mesmo carreiro que transitaron e transitarán quen tomaron decisións similares e quen o farán no futuro. É unha simple decisión que me fai rexeitar participar naquilo que asfixia algunhas das expresións máis privadas e profundas da miña humanidade: a miña conciencia e a miña liberdade."

Perante estes argumentos, a Xunta Electoral de zona de O Barco de Valdeorras veu de admitir as súas alegación eximindoa da responsabilidade de ter qeu acudir no dia electoral á mesa cun escueto pero efectivo comunicado que reproducimos “Admitir dicha excusa por estar debidamente justificada, por lo que no tendrá que desempeñar el citado cargo, quedando liberada de la obligación de comparecer.”

Desde CNT felicitar a Amparo e animar a tod@s os libertari@s de corazón a seguir o seu exemplo.