Prensa obreira

Viva Maria condenada de novo a pagar o que debía

viva maria paga o que debesAfiliado a este sindicato ven de gañar un novo pleito á empresa Voodoo Trading S.L. que xestiona o compostelano comercio "Viva Maria" adicado á venda de productos para o autocultivo.

Tras ser xa condenada en agosto de 2013 pola improcedencia do despedimento do compañeiro, a xustiza ven de dar de novo a razón a CNT na súa demanda por diferencias salariais en distintos conceptos da nómina que foi presentada en setembro de 2012, diferencias que obviamente se ven aumentadas polos xuros de demora plicados durante estos últimos 4 anos.

Para CNT é "outro exemplo máis da falta de escrúpulos dos empresarios progres, capaces de defender calquera causa que lles beneficie ao mesmo tempo que vulneran os dereitos dos seus empregados/as".