Prensa obreira

Piquete da CNT ao presidente de MSF

  • Outra concentración máis en Compostela contra as políticas laborais da ONG Médicos Sin Fronteras.
  • O conflito colectivo e o readmisión dun compañeiro entre as revindicacións de CNT

concentracion contra MSF en Compostela

Desta vez, a CNT concentrouse na compostelana rúa do Preguntoiro, onde se levou a cabo un acto da ONG coa presencia do seu presidente José Antonio Bastos, que remata mandato, e do novo cargo e cabeza da xunta directiva de Médicos Sin Fronteras David Noguera.

A cidadanía, como é habitual, mostrouse receptiva ás reivindicacións da sección sindical e mesmo houbo persoas que decidiron non entrar ao acto tras coñecer os abusos aos que o plantel de captación de persoas socias é sometido. Na concentración levouse a cabo o reparto de centros de panfletos informando das políticas laborais en Médicos Sin Fronteras, como a condena por discriminación de dous traballadores estranxeiros que pesa sobre a ONG, da precariedade laboral do plantel de captación de socios/as, pola que Médicos Sin Fronteras xa foi tamén condenada en diversas ocasións e sobre a que pesan varias ducias de demandas nos xulgados composteláns.

Desde o sindicato destácase que as accións continuarán tras a falta de interese de MSF en solucionar os conflitos abertos: o conflito colectivo interposto por CNT contra a cláusula abusiva de rendemento cuxo xuízo volve ser adiado a petición de MSF, o despedimento do noso compañeiro captador en A Coruña e as accións discriminatorias contra o persoal extranxeiro non son prácticas que unha ONG do talle de Médicos Sin Fronteras poda levar a cabo impunemente.

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT en Médicos Sin Fronteras