Prensa obreira

Informático da Xunta readmitido

  • amtegaTras pedir a execución de sentenza do TSXG o compañeiro é por fin readmitido
  • A Xunta deberá aboar os salarios íntegros ao compañeiro segundo recolle tamén a sentenza.
  • Xeraronse dúas prazas públicas de nivel 25 onde antes había un subcontratado precario

O compañeiro de CNT, traballador informático da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta de Galicia foi despedido en xuño de 2014 tras ser ocupada a súa praza no concurso de traslados. Tras ser denunciado o despido o traballador obtivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en maio de 2015 que declara nulidade do despido e condena á Xunta a readmitilo de inmediato.

A Xunta lonxe de aplicar a sentenza do TSXG de maio de 2015, non reincorpora ao traballador co pretexto de que a sentenza non é firme xa que foi recórrida en casación ao Tribunal Supremo. O traballador a través dos servizos xurídicos de CNT, presenta demanda para conseguir a execución provisional de sentenza. Tras un novo xuizo, a sentenza de xullo de 2016 ven de obrigar á Xunta a reincorporalo ao seu posto de traballo e ao abono dos salarios devengados durante estes últimos 15 meses de espera.

Desde a sección de CNT na Xunta celebrase a volta do compañeiro ao traballo e tamén a xeración dun novo posto de traballo público na Xunta pois onde habia un subcontratado ilegal en precario, agora hai dous empregados públicos de nivel 25!! e aforrando cartos de tod@s!!