Prensa obreira

CNT demanda ao Concello de Moaña

concello moaña

  • Reclámase indefinición no contrato dunha traballadora
  • Demándase tamén a súa reclasificación profesional e as correspondentes diferencias salariais

Traballadora laboral do concello de Moaña presenta reclamación previa á demanda xudicial contra o Concello por fraude na contratación reclamando a indefinición do seu contrato.

A traballadora ven traballando como persoal laboral temporal no concello desde que en 2008 aprobara concurso-oposición. Sendo o seu contrato renovado ano a ano polos distintos governos do Concello de Moaña.

Reclámase tamén a catalogación do seu posto de traballo no nivel profesional que lle corresponde así como as diferencias salariais devengadas por dito motivo no último ano.

Desde CNT agárdase que o Concello de Moaña "teña a sensatez de recoñecer as reclamacións presentadas pola compañeira e non complique máis a situación"