Prensa obreira

Novas demandas por discriminación contra Médicos Sin Fronteras

  • O compañeiros estranxeiros que veñen de obter sentenza que condenaba a MSF por discriminación, levarán de novo a xuizo á ONG por impedir a renovación do seu permiso de residencia
  • Médicos Sin Fronteras continúa as represalias contra os traballadores/as que protestan

MSF discrimina

O compañeiro e compañeira estranxeiros xa presentaran demanda pola discriminación por razón de nacionalidade que sufrian en Médicos Sin Fronteras. O mes pasado, a xustiza condenou a MSF por discriminación e obrigou á ONG a tratar ao compañeiro e compañeira estranxeiros como ao resto dos traballadores/as de captación de persoas socias, polo que os seus contratos de traballo foron cambiados por MSF a indefinidos como se indicaba na sentenza do xulgado.

Nembargante, MSF continúa na súa actitude discriminatoria ao dilatar intencionadamente os trámites administrativos de este compañeiro e compañeira a fin de impedir a renovación do seu permiso de residencia, o que constitúe un serio agravante da súa situación profesional e persoal. Isto levará novamente aos xulgados a Médicos Sin Fronteras tras a presentación das correspondentes demandas por seren discriminados de novo estes dous traballadores de CNT.

Desde CNT considerase "inaceptable e deplorable" o trato aos dous traballadores que non ten outra explicación que a de "perxudicar no posible a aqueles que protestan en Médicos Sin Fronteras". Afirman fontes sindicais que "se xa foron desprezables as explicación de MSF á plantilla de persoal sobre a sentenza condenatoria por discriminación, o continuar maltratando aos compañeiros debería ter consecuencias inmediatas nos postos de responsabilidade de Médicos Sin Fronteras".

Este novo episodio de discriminación dos traballadores que protestan en MSF non é un feito aillado senon que da continúidade á política represiva da ONG, como na recente execución do despedimento dun traballador de MSF do equipo de A Coruña membro da sección sindical de CNT.

MSF tamén foi condenada recentemente pola modificación sustancial das condicións de traballo camufladas nun cambio de conceptos salariais, que pretendia non aplicar as subidas salariais correspondentes así como outros conceptos pactados na negociación colectiva. 

Actualmente CNT ten presentado tamén conflicto colectivo contra a abusiva claúsula de rendemento imposta ao plantel de captación e ten máis de medio cento de denuncias pendentes de xuizo que MSF acumula polas sancións disciplinarias aos nosos compañeiros e compañeiros.... o que da exemplo da precarización do traballo na ONG Médicos Sin Fronteras.

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras