Prensa obreira

Concello de A Guarda: Paga o que debes!

  • logo GES A GuardaOs GES demandan o pago da nómina segundo o contemplado no convenio.
  • O Concello de A Guarda non deixa de acumular demandas de CNT.

A Sección sindical de CNT no Concello de A Guarda ven de interpoñer contra o Concello varias reclamacións individuais dos traballadores dos Grupo de Emerxencias Supramunicipal GES.

Os GES denuncian a non aplicación por parte con concello de A Guarda dos trienios devengados, nin do plus por traballar domingos e festivos, nin do plus de nocturnidade, nin tampouco dos beneficios recoñecidos ao resto de traballadores/as do Concello que traballan 1 hora menos no periodo estival. Amáis, denuncian a aplicación indebida do convenio no que respecta ao aboamento das pagas extraordinarias o que comporta tamén diferenzas salarias durante o último ano de servizos.

Todas estas reclamacións dos traballadores do servizo do GES atópanse amparadas no propio convenio colectivo do Concello de A Guarda que se ven "incumprindo sistemáticamente" segundo asegura CNT. Os responsables do Concello teñen desde fai semanas as reclamacións enriba da mesa sen que ata o momento se teña constancia da vontade de arranxar a situación dos seus traballadores do GES.

O Concello de A Guarda non deixa de acumular denuncias dos GES. A estas demandas de cantidades económicas únese o conflito colectivo presentado por CNT pola fixeza dos seus contratos en claro fraude de lei, que se xulgará nas próximas semanas. Tamén, as distintas reclamacións en materias de medios e equipamentos de seguridade así como as milloras de adecentamento da base dos GES no Concello, que continúan desoídas polos responsables do Concello.

 

Sección Sindical CNT
Grupo Emerxencias Supramunicipal (GES). Concello da Guarda

www.cntgaliza.org/?q=gesAGuarda