Prensa obreira

Piquete na oficina de MSF en protesta polo despido dun traballador

A CNT concentrouse este mércores na oficina de Médicos Sin Fronteras en Compostela para reivindicar de novo a readmision do afiliado traballador da captación de MSF pertenece ao equipo da Coruña. O traballadorprotesta contra msf en compostela foi despedido disciplinariamente o mes pasado tras ser acusado pola ONG de "crear mal ambiente de traballo" o que a todas luces encubre un acto de represión sindical por parte de Médicos Sin Fronteras.

O piquete desenvolveuse durante máis dunha hora co habitual reparto de centos de panfletos ao tempo que se informaba polo megáfono das lamentables prácticas laborais na ONG Médicos Sin Fronteras, centrándose nesta volta, no despido do compañeiro pero sen esquecer nin as recentes condenas xudiciais a MSF por discriminación a un compañeiro e unha compañeira estranxeiros e por modificación substancial das condicións de traballo do persoal de captación nin o conflicto colectivo e o medio cento de denuncias que MSF que se acumulan nos xulgados pola abusiva claúsula de rendemento que sofren os traballadores e traballadoras da ONG.

Segundo se afirma desde CNT "Sobran os motivos para continuar as protestas contra Médicos Sin Fronteras" mentres a ONG manteña as actuáis políticas laborais e as suas actitudes represivas. motivos de sobra polos que desde o anarcosindicato se pide ademais o cese inmediato da responsable de rrhh en MSF Carmen Moraño e dos "complices da empresa" os e as delegados de persoal de CIG e UGT.

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras