Prensa obreira

CNT visita a exposición de MSF na Coruña

  • Sorpresa pola protesta entre a cidadanía coruñesa
  • Seguirán as accións pola readmisión do compañeiro despedido e contra as políticas laborais de Médicos Sin Fronteras

protesta contra msf en a coruña

Este venres a CNT acudiu aos céntricos Cantóns de  Coruña para protestar diante da sede de Afundación onde a ONG Médicos Sin Fronteras ten unha exposición. O piquete desenvolveuse durante boa parte da tarde repartindo centos de octavillas informativas e informando megáfono en man, ante a sorpresa da cidadania, das abusivas condicións laborais en MSF.

O discurso fíxo especial énfase no recente despedimento do noso compañeiro captador do equipo de MSF en Coruña. Tamén se recordaron as recentes sentenzas que condenan á ONG por discriminación de dous traballadores estranxeiros e por modificación sustancial das condicións de traballo do persoal de captación. Así como o conflicto colectivo presentado por CNT contra a abusiva claúsula de rendemento e as múltiples denuncias pendentes de xuizo que MSF acumula polas sancións disciplinarias aos nosos compañeiros e compañeiros.

Foron moitas as persoas que se achegaron a interesarse e amosar a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de MSF que protestan para reclamar un trato laboral digno, o que segundo fontes anarcosindicais debería "dar que pensar" ás persoas responsables de Médicos Sin Fronteras.

Por último, desde CNT anúnciase que "seguirán as accións sindicais namentres non se readmita ao noso compañeiro e se cesen as actuáis políticas laborais en MSF lesivas para o colectivo de captación de persoas socias na rua".

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras