Prensa obreira

CNT inicia conflito con Barti Servicios

logo barti serviciosCNT ven de iniciar conflito coa empresa de servizos a domicilio Barti Servicios 2009 S.L. por mor das lamentables condicións laborais que denuncia unha traballadora afiliada a este sindicato.

Así, Barti Servicios contrata en fraude de lei ao realizar a nosa compañeira diferentes servizos que implican contrato indefinido e non a tempo parcial. Denúnciase tamén, a realización de innumerables horas extra non remuneradas, o incumprimento do descanso regulamentado por lei de día e medio semanal ou o pago “en negro” de parte do salario percibido.

A CNT ven de poñerse en contacto coa empresa Barti Servicios co fin de poder arranxar todas estas cuestións, e regulamentar a situación da nosa compañeira.