Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras recibe a visita de CNT

  • Enésimo piquete na porta da delegación de MSF en Compostela
  • CNT reuniuse cos traballadores/as da ONG para explicar a situación actual tras os últimos acontecementos
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras varios conflitos laborais sen seren resoltos

piquete en MSF

Este luns 21 xuño tivo lugar outro piquete informativo na céntrica oficina da ONG Médicos Sin Fronteras en Compostela. Centos de panfletos informativos foron repartidos pola ateigada rua do Vilar namentres se daba a coñecer públicamente megáfono en man a incesante problemática laboral en MSF. Durante a hora que durou o piquete escoitaronse tamén berros de: "MSF discrimina", "MSF explota e despide", "despedido readmisión" ou "MSF paga o que debes" que resumen a actual situación en Médicos Sin Fronteras.

Rematado o acto de protesta, e tras finalizar a súa xornada laboral, o plantel de captación de MSF tivo oportunidade de escoitar as explicacións da CNT e solucionar as súas dúbidas na sala habilitada a tal efecto na oficina de MSF. Eis un resumo do falado:

Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada pola xustiza por discriminación por motivos de nacionalidade ao non convertir os contratos en fraude de lei dun traballador e dunha traballadora extracomunicarios en indefinidos ao igual que fixo co resto da plantilla. A sentenza recoñece que “foi vulnerado o dereito fundamental (artigo 14 da Constitución)” e “obriga a MSF a cesar na conducta de negar a conversión do contrato indefinido con respecto á normativa vixente”.

A Sección Sindical da CNT esíxelle á ONG que se solucione de inmediato a situación das duas persoas dicriminadas e que se depuren responsabilidades. Apúntase desde a central sindical ao "cese de todxs aquelxs que permitiron esta situación de discriminación así como a quen desprestixiou e oprimiu a acción sindical realizada" e "explicacións de Gemma Ramos en todas as delegacións do Estado desmentido os enganos por parte de MSF as plantillas de captación".

Nesta semana, MSF tamén foi condenada pola modificación sustancial das condicións de traballo camufladas nun cambio de conceptos salariais. Esta triquiñuela, ten como obxetivo non aplicar as subidas salariais correspondentes así como outros conceptos pactados na negociación colectiva. A sección de CNT traballa na aplicación da nova estrutura salarial.

Tamén recentemente, executouse por parte de MSF o despedimento dun traballador do equipo de A Coruña membro da sección sindical de CNT. Despedimento disciplinario que CNT anuncia "non vai a quedar impune para xs implicadxs xa que as probas da súa inocencia son contundentes", vendo claramente desde fontes sindicais "unha mostra máis de represión sindical por parte de MSF". Readmisión xa!

Respecto ao conflicto colectivo contra a Cláusula 7 do contrato aprazouse de novo o xuizo a instancias de MSF, que continúa sen presentar alternativas.

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras