Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación

  • A CNT denunciou o pasado Abril á ONG pola modificiación unilateral e inxustificada das condicións contratuais dos seus traballadores e traballadoras.
  • O Xulgado estima completamente a demanda e Médicos Sin Fronteras terá que repoñer as condicións anteriores.

Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación de fondos tras a denuncia realizada por CNT o pasado mes de abril. A ONG aproveitou a entrada en vigor dun novo convenio colectivo para modificar conceptos nas nóminas dos seus traballadores/as baixo unha falsa apareciencia de legalidade, pero no fondo estes cambios revestían a intención de non aplicar as melloras salariais pactadas por negociación colectiva.

O Xulgado indica que a modificación "non se reduce a un mero cambio na denominación dos conceptos [...] senon que afecta ao sistema de remuneración dos traballadores/as". Considera que na organización "non se seguiron as formalidades necesarias e non resulta xustificada a medida adoptada", polo que condena "á empresa demandada a repoñer ao actor nas súas anteriores condicións de traballo".


Dende a Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras apúntase que aínda existen outras máis de 40 demandas contra a ONG, incluída a demanda por discriminación de dúas persoas extranxeiras e un conflito colectivo pola cláusula de rendemento abusiva que Médicos Sin Fronteras aplica ao seu persoal de captación.

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT en Médicos Sin Fronteras