Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras despide traballador de CNT

  • CNT concentrouse na sede de MSF reclamando a readmisión do despedido
  • MSF acusa en falso para xustificar o despedimento disciplinario
pikete CNT en MSF
A ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) ven de despedir disciplinariamente a un dos seus traballadores na captación de socios/as que pertence á Sección Sindical da CNT en MSF. Por este motivo, escasas horas despois de executar o despido, a CNT concentrouse ás portas da oficina da delegación de Galicia de MSF na compostelana rua do Vilar para revindicar a readmisión do compañeiro despedido.

Unha ducia de compañeiros e compañeiras de CNT participaron do piquete. Megáfono en man e foron repartidos varios centos de panfletos para informar á cidadanía dun exemplo máis da lamentable situación laboral ONG Médicos Sin Fronteras.

Segundo fontes do anarcosindicato "MSF non fai máis que acumular motivos para que todo o mundo poida comprobar a súa lamentable política laboral" sinalando que "desde CNT respostaremos todas e cada unha das súas agresións" e transmitindo o agradecemento  "polas moitas mostras de apoio e ánimo recibidas na rua".

Médicos Sin Fronteras instruíu estos dias un expediente sancionador contra o noso compañeiro por faltas moi graves, acusándoo de crear “mal ambiente de traballo” por falar da política laboral da ONG e proferir insultos contra unha dinamizadora. Pese ao fundamentado recurso do noso compañeiro, a ONG Médicos Sin Fronteras decide despedilo disciplinariamente.

Desde a Sección Sindical da CNT en MSF anunciamos que iremos de novo á xustiza para denunciar este despido, baseado en falsidades e que atufa a represión sindical contra os que non permitimos os atropelos de Médicos Sin Fronteras aos dereitos dos seus traballadores/as.

A xustiza ven de dar a razón a CNT e condenar a Médicos Sin Fronteras por modificación sustancial das condicións contractuais dos captadores/as de socios/as. Actualmente CNT ten presentadas máis de 40 demandas contra MSF ás que se unen dúas denuncias por discriminación e un conflito colectivo polo abusivo da claúsula de rendemento imposta aos traballadores/as da captación... o que da exemplo da precarización do traballo na ONG Médicos Sin Fronteras.

Readmisión despedido en MSF!!

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT en Médicos Sin Fronteras