Prensa obreira

Médicos Sin Fronteras xulgada por discriminación de traballadores/as

  • piquete CNT. MSF discriminaFinaliza a campaña de CNT "Moitas cores, mesmos dereitos" co piquete sindical o dia do xuízo
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras outros conflitos laborais sen seren resoltos

Este mércores 18 de maio tivo lugar en Compostela o xuizo por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras traballadores da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Á entrada dos xulgados compostelanos a CNT realizou outro piquete informativo como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" que pretendeu visibilizar a  problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e que veu desenvolvendose nas últimas semanas por diferentes cidades do estado.

Médicos Sin Fronteras, en decembro de 2014, decide cambiar os contratos temporais (en fraude de lei) dos equipos de captación de socias e socios por contratos indefinidos. Este cambio aplicase á totalidade do persoal exceptuando a traballadoras e traballadores que non son residentes nacionais, a pesar de contar con todos os permisos de traballo necesarios. Isto constitúe un caso grave de discriminación. Segundo a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería non existe impedimento legal para que á nosa compañeira e ao noso compañeiro se lles aplique esta modificación, e máis, a Lei Orgánica sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, respalda a contratación igualitaria entre persoas estranxeiras e nacionais.

A ONG Médicos Sin Fronteras non deixa de acumular demandas, pois aparte das duas xulgadas hoxe por dicriminación, terán proximamente que voltar ao xulgado por modificación unilateral das condicións dos contratos e polo conflito coletivo interposto por CNT solicitando a nulidade da cláusula de produtividade imposta pola ONG en todos os contratos que realiza.

#msfDiscrimina

 
Mais info: Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT en Médicos Sin Fronteras