Prensa obreira

A CNT informa en varias cidades das prácticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

  • A CNT informa en Madrid, Valencia e Barcelona da situación das traballadoras estranxeiras da ONG
  • «Mentres MSF manteña esta actitude discriminatoria seguirase apoiando ás traballadoras e denunciando a situación»

Solidariedade Barcelona

Ao longo desta semana, e como vén acontecendo nos últimos días, replícanse as mostras de apoio e solidariedade, en diferentes cidades, coas traballadoras de Médicos Sin Fronteras que actualmente manteñen un conflito coa ONG por motivos discriminatorios.

O pasado 3 de maio, aproveitando que MSF facía un acto en La Casa Encendida de Madrid, a CNT informou as persoas que asistían ao acto o modo en que a ONG trata as súas empregadas o que, segundo fontes do sindicato, «constitúe un grave caso de discriminación». Así mesmo, membros da CNT en Valencia informaron a traballadoras de MSF e transeúntes do conflito aberto.

A CNT de Barcelona tamén saíu ás ruas nun acto perante a sede de Médicos Sin Fronteras en que, mais unha vez, informaron os viciños e viciñas da campanha contra a discriminación en Médicos Sin Fronteras «Moitas cores, mesmos dereitos».

Solidariedade en Madrid

Solidariedade Madrid

Solidariedade en Valencia

Solidariedade Valencia

Solidariedade en Barcelona

Solidariedade Barcelona