Prensa obreira

Sexto piquete a Médicos Sin Fronteras en Compostela

  • Continúa a campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" con outra protesta en Compostela
  • A ONG Médicos Sin Fronteras segue sen demostrar interese por solucionar os conflitos laborais existentes

pikete deccnt ante msf

Como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos", a CNT ven de concentrarse novamente este mércores 11 de maio ás portas da oficina compostelana de Médicos Sin Fronteras (MSF) denunciando a discriminación de dous traballadores/as da ONG. Centos de panfletos informativos foron repartidos aos viandantes do casco vello de Compostela explicando a problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e facendo especial fincapé na denuncia por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.
MSF discrimina "Distintas cores mesmos dereitos"

Médicos Sin Fronteras, en decembro de 2014, decide cambiar os contratos temporais (en fraude de lei) dos equipos de captación de socias e socios por contratos indefinidos. Este cambio aplicase á totalidade do persoal exceptuando a traballadoras e traballadores que non son residentes nacionais, a pesar de contar con todos os permisos de traballo necesarios. Isto constitúe un caso grave de discriminación.

Segundo a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería non existe impedimento legal para que á nosa compañeira e ao noso compañeiro se lles aplique esta modificación, e máis, a Lei Orgánica sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, respalda a contratación igualitaria entre persoas estranxeiras e nacionais.

Ante as reclamacións da traballadora e do traballador pedindo unha explicación e un trato imparcial e xusto, MSF reafírmase na súa postura discriminatoria.

Dende a Sección Sindical da CNT en MSF, á que pertencen a traballadora e traballador afectados, vémonos na obriga de dar testemuña e denunciar a inxustiza que supón esta vulneración dos Dereitos Fundamentais. Dende o principio avogamos polo diálogo, solicitando á ONG a equiparación dos contratos de todas as persoas que compoñen os equipos de captación sen obter resposta por parte dos responsables de MSF.

MSF non demostra ningún interese por poñer fin a este conflito. Esiximos a Médicos Sin Fronteras unha política laboral responsable e acorde cos principios e valores que definen a súa actuación en todos os ámbitos.

Médicos Sin Fronteras debe acudir aos xulgados e pór solución á demanda, xa!

#msfDiscrimina

 
Mais info: Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras