Prensa obreira

Piquete informativo da CNT no acto do Presidente de MSF

  • A CNT informou fora e dentro do acto de MSF "Diálogos Sin Fronteras" celebrado en Vigo
  • O Sr. Bastos, Presidente de Médicos Sin Fronteras despreza a protesta do seus propios traballadores/as.

Piquete da CNT en Vigo presidente MSF

Como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" a CNT fíxose este xoves presente en Vigo con motivo do acto que o Presidente de Médicos Sin Fronteras (MSF) tiña no auditorio Afundación da cidade olívica. O piquete ás portas do lugar de celebración do evento "Diálogos Sin Fronteras" repartiu centos de panfletos informativos sobre a problemática laboral na ONG Médicos Sin fronteras, facendo especial fincapé na denuncia por discriminación presentada por CNT. Así, moitos viandantes e prácticamente a totalidade de asistentes ao acto puideron ser informados das problemáticas laborais en MSF.

Xa dentro do acto, na quenda de preguntas do público interviu a Delegada da Sección Sindical de CNT en Médicos Sin Fronteras. Coa lexitimidade de ser socia, voluntaria, traballadora e delegada do sindicato de maior implantación en MSF relatou sucintamente os conflitos laborais dos traballadores/as de captación de persoas socias.

Así, fixo referencia á claúsula de rendemento abusiva contra a que CNT interpuxo conflito colectivo, ás amonestacións disciplinarias mensuais para o 80% do cadro de persoal contra as que CNT interpuxo máis de 40 denuncias e á discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Como indicou a compañeira «a situación laboral era coñecida polo propio Presidente de MSF, Sr. Bastos, e a Xunta Directiva desde fai meses» sen que se tivese resposta por parte da ONG que unicamente se limitou a ofrecer cartos para retirar as demandas.

Para finalizar a súa intervención, afeou a conducta do Sr. Presidente Bastos que previamente menosprezara a protesta dos seus propios traballadores e traballadoras.

A resposta do Presidente de MSF ante a intervención da Delegada de CNT non puido se máis esquiva, cun «hoy no toca hablar de eso» tentou cortar co tema dos conflitos laborais na súa Organización. Minutos despois, voltou a ser cuestionado polo tema noutra interveción do público que sinalou que MSF «ten coincidentes prácticas laborais coas dunha multinacional».

No remate do acto, a delegada de CNT entregou en man ao presidente de MSF unha nova carta en que se detalla a situación actual dos traballadores/as de captación de persoas socias coa esperanza de que MSF cambie a súa política laboral e sindical.

Piquete da CNT en Vigo presidente MSF

Piquete da CNT en Vigo presidente MSF