Prensa obreira

Primeiro de maio do SOV de Ferrol

O pasado domingo, pese a ser o día da Nai, domingo e estar soleado, o SOV de Ferrol conmemorou a loita obreira polas 8 horas de traballo, a detención, condena e execución dos mártires de Chicago e a existencia, o orgullo e a dignidade da clase traballadora.

 Mani 1º maio

Pola mañá repartimos propaganda nas manifestacións convocadas polos sindicatos maioritarios e, ás seis da tarde concentrámonos no monumento ao Dez de Marzo para saír en manifestación cara ao Cantón.

dez marzo 

Pese a non ser demasiados os participantes, non fallou o ánimo entre quen acudiu a esta convocatoria, de cargado compoñente de clase, e iso reflectiuse no noso recorrido polas rúas do Ferrol obreiro, para despois celebrar o mitin no palco da música do antigo paseo dos señoritos burgueses.

 Canton

Despois dunha alocución da nosa compañeira Lorena sobre a necesidade de organizarnos para defender os nosos dereitos e camiñar cara á nosa emancipación, veu a parte artística do acto, no que actuou o showman Javi Mandango, que recitou un poema de Salvador Puig Antich e cantou acompañándose á guitarra, e despois interviñeron o noso compañeiro Manuel e o seu irmán, noutro tempo coñecidos como “Buxos Verdes”, agora reforzados na percusión polo maior dos fillos de Manuel, prometedor brote novo daqueles buxos.

palco

Viva o primeiro de maio!

Viva a loita da clase traballadora!