Prensa obreira

CNT protesta no Corte Inglés polo despido dunha traballadora de Estee Lauder

Piquete Estee Lauder

  • Centos de panfletos denuncian a explotación e despedimento en Estee Lauder
  • O piquete comezou dentro e rematou no exterior do Corte Inglés

En véspera do día da nai a CNT de Compostela visitou o Corte Inglés da localidade para denunciar o despedimento da compañeira deste sindicato traballadora de Estee Lauder no stand da firma Mac Cosmetics.

O piquete comezou no interior do centro comercial do Corte Inglés para continúar no exterior, repartíndose centos de panfletos informativos sobre a explotación e despedimento en Estee Lauder.

Segundo fontes sindicais "é incrible" que se despida a unha traballadora por baixo rendemento cando está de baixa, polo que aseguran "seguiremos denunciando as nefastas prácticas laborais de Estee Lauder".