Prensa obreira

CNT contra o asasinato do sindicalista saharaui Brahim Saika

A CNT de Compostela quere manifestar a súa enérxica repulsa polo vil asasinato do mozo sindicalista saharaui Brahim Saika, membro da Coordinadora de Desempregados Saharauis de Gulimin, en Agadir (Marrocos).

A detención por parte das forzas de seguridade marroquís tivo lugar cando trataba de participar nun protesto pacífico sobre a situación dos mozos saharauís. Foi encarcerado en Buzacarem e torturado. Despois de 15 días en folga de fame, foi trasladado ao Hospital Hassan II de Agadir. Esposado sempre e sen permitir visitas nin da familia, faleceu o pasado 15 de abril polas torturas e abusos da policía do réxime marroquí.

CNT apoia a convocatoria de SOGAPS e a Delegación Saharaui en Galicia que terá lugar en Compostela este sábado día 23 de abril ás 11 da mañá na Praza das Praterías.