Prensa obreira

Piquete na oficina de Médicos Sin Fronteras

Piquete CNT en MSF Compostela

  • Continúan os piquetes da CNT na oficina de Médicos Sin Fronteras en Compostela denunciando discriminación de dous traballador@s
  • Novas denuncias incrementan a presión sobre a ONG
  • Responsables de MSF néganse a chegar a acordos coa CNT

Este mércores 20 de abril a CNT concentrouse ás portas da oficina da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) de Compostela onde se atopaban reunidos responsables e traballadores/as da ONG en Galicia.

Este acto de CNT denunciou públicamente a discriminación por razón de nacionalidade que sofren dous compañeiros do sindicato, extranxeiros que contan con contratos distintos ao resto "residentes nacionais". Todo isto a pesar de non existir problema legal algún en seren regularizados os seus contratos como todos e todas as demáis traballadoras.

Tamén se visibilizou de novo na rúa aqueloutras problemáticas dos traballadores e traballadoras da captación de MSF como o conflito colectivo por mor da cláusula de rendemento anexa aos contratos que permite os despedimentos disciplinarios, é dicir gratuítos,  ou as recentes denuncias por modificación substancial de condicións no contrato de traballo.

Esta mesma semana responsables de MSF e CNT mantiveron unha nova reunión para tentar achegar posturas, sen que Médicos Sin Fronteras acepte chegar a acordos para solucionar os pleitos plantexados por CNT, polo que segundo fontes sindicais “continuarán as protestas na rúa e as denuncias no xulgado”.