Prensa obreira

CNT denuncia por modificación dos contratos á ONG Médicos Sin Fronteras

  • MSF altera unilateralmente os conceptos na nómina dos captadores/as de socias/os
  • CNT critica a impropia política laboral da ONG Médicos Sin Fronteras

A CNT ven de presentar denuncias contra a ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) por mor de ter modificado substancialmente as condicións do contrato de traballo dos seus traballadores/as na captación de socios/as.

MSF sen previo aviso acerca da modificación dos conceptos aboados na nómina alterou os conceptos retributivos das nóminas a partir do mes de febreiro de 2016. Con esta modificación a ONG “evita actualmente unha subida salarial e “cúbrese” respecto a unha eventual subida dos complementos da nómina; e todo elo baixo a falsa apariencia de que a nómina dos traballadores permaneceu invariable” como afirma a delegada da sección sindical de CNT.

Estas novas denuncias súmanse ás que CNT presentou contra MSF por discriminación de unha traballadora e dun traballador estranxeiros e ao conflito colectivo por mor da cláusula de rendemento anexa aos contratos que permite os despedimentos disciplinarios, é dicir gratuítos.  

Estas situacións que segundo CNT “non se queren solucionar por parte de Médicos Sin Fronteras (MSF) que continúa trampeando os dereitos da plantilla cunha política laboral regresiva impropia dunha ONG”.

 

Sección Sindical CNT Médicos Sin Fronteras. Compostela

msfcompostela.cnt@gmail.com // compostela@cntgaliza.org

CNT Médicos Sin Fronteras